"Proxecto Medra" (18/11/2010)

Este novo proxecto da Consellaría de Economía e Industria e desenvolvido por BIC Galicia ten como obxectivo facilitar aos xestores de novas pemes, de xeito gratuíto, as habilidades e capacidades necesarias para sortear a crise, reforzarse no mercado e medrar de xeito sostido. No proxecto tamén colabora a Fundación para o Fomento da Calidade.
O desenvolvemento do Proxecto Medra inclúe unha primeira fase de auto-diagsnóstico asistido por consultores facilitadores para coñecer a tipificar as características xerais da empresa interesada; unha segunda fase consistirá na elaboración dunha visión de futuro onde se define o proxecto futuro da empresa; a terceira fase acollerá diferentes itinerarios de formación-acción onde os xestores das empresas participantes, asistidos por titores, poderán avanzar en ámbitos como a profesionalización, desenvolvemento e expansión comercial, innovación ou internacionalización dos seus proxectos empresariais; e a cuarta etapa, a de aplicación, consistirá na impartición da formación e das accións de consultoría correspondentes aos itinerarios escollidos.
Para máis información do Proxecto Medra, pinche aquí.

Fonte: Emprendia, Igape

 
< Anterior   Siguiente >
Escuela de Negocios Caixanova
                               
Instituto de Desarrollo Caixanova